Concello da Coruña

Concello da Coruña

Xornada presencial de formación "Concurso Imaxina Coruña 2022-23"

Cando:

08/02/2023

Xa rematou

II Edición do programa IMAXINA, para o curso escolar 2022-2023.

Fase I.- Preparación do proxecto.

  • Xornada presencial ou telemática sobre ciencia cidadá nunha das instalacións dos museos científicos coruñeses.
  • Fontes de información: Guía de Ciencia Cidadá, DIXIT, Xunta de Galicia
  • Titorización e asesoramento durante a elaboración dos traballos por parte do persoal especialista e persoal dos Museos Científicos Coruñeses a través de correo electrónico.

Contarase con asesoramento durante a elaboración dos traballos por parte dos Museos Científicos Coruñeses a través dun correo creado para tal fin.

Programa ao que pertence

  • Concurso Imaxina Coruña 2022-23

    O Servizo de Educación, en colaboración co Servizo de Cultura, organiza a II edición do programa IMAXINA, para o curso escolar 2022-2023.

    O programa Imaxina nace como unha iniciativa municipal de carácter innovador que pretende difundir a cultura científica e tecnolóxica entre o alumnado de secundaria.

    A organización propoñerá un tema que servirá de marco para que o alumnado participante desenvolva un proxecto orixinal empregando ferramentas científicas, tecnolóxicas e matemáticas (STEM) que teña como finalidade contribuír á resolución dun problema real da sociedade. O proxecto finalizará coa presentación pública dos experimentos ou materiais creados que cheguen a ser finalistas.

    Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión