Concello da Coruña

Concello da Coruña

Aberta a convocatoria para o XX Rebumbio Matemático

Cando:

27 de novembro de 2019

Organizado pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA).

Xa comezou a inscrición no XX Rebumbio Matemático para o alumnado de 6º de primaria de todos os centros educativos. Pode realizarse cubrindo o formulario de inscrición dispoñible na páxina web de Agapema ata o 1 de marzo de 2020.

Os colexios deberán indicar no devandito formulario o número de equipos (un por clase) que van participar e o profesorado responsable da participación.

O 24 de abril terá lugar a Fase de Zona e o 22 de maio a Fase Final galega no Fórum Metropolitano.

Poderán consultar os problemas doutras edicións na ligazón indicada na mesma páxina web de AGAPEMA .

Cómpre resaltar que este ano a Olimpíada Matemática nacional realizarase na Coruña.

Programa ao que pertence

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión