Concello da Coruña

Concello da Coruña

Aberto o prazo de solicitude de admisión en centros docentes públicos de infantil, primaria e secundaria

Cando:

1 de marzo de 2022

A solicitude será única e pode conter unha relación de ata seis centros, por orde de preferencia. Este prazo finaliza o 21 de marzo

O proceso de admisión de alumnado tramitarase mediante a aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado).

As solicitudes de admisión de alumnado realízanse mediante o formulario ED550 B que se cubrirá preferiblemente na aplicación admisionalumnado e presentarase na Sede electrónica (sede.xunta.gal) ou de forma presencial, no centro escollido en primeiro lugar.

A solicitude será única e pode conter unha relación de ata seis centros, por orde de preferencia. No caso de que a persoa solicitante non fose admitida no centro indicado en primeiro lugar, aplicarase o procedemento para a adxudicación subsidiaria de postos escolares regulado no capítulo IV desta orde.

Outros prazos

De 24 de marzo a 6 de abril presentarase a documentación acreditativa dos méritos alegados, unicamente nos centros nos que exista máis demanda que oferta de postos escolares.

Antes do 25 de abril: publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos, ordenadas segundo a orde de puntuación obtidoa e onde consten as puntuacións asignadas por cada criterio.

Documentos relacionados

  • Proceso de admisión de alumnado no curso 2022/2023 (1023 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión