26 de maio de 2020
O texto do Regulamento e o seu expediente estarán expostos ao público, para os efectos de que as persoas interesadas poidan examinalo e presentar, de ser o caso, as reclamacións e suxestións que estimen oportunas
O Pleno do Concello da Coruña, en sesión ordinaria realizada o día 14 de maio do 2020, aprobou inicialmente o Regulamento de organización e funcionamento das escolas infantís integradas na Rede de Escolas Infantís do Concello da Coruña. O texto do Regulamento e o seu expediente estarán expostos ao público, para os efectos de que as persoas interesadas poidan examinalo e presentar, de ser o caso, as reclamacións e suxestións que estimen oportunas.
O exame do expediente pode realizarse:
- Na web da concellaría de Educación
- No taboleiro de anuncios e edictos do Concello
-No propio Servizo de Educación solicitando cita previa a dirección de correo educacion@coruna.es
O prazo de exposición pública é de 30 días hábiles dacordo co disposto no apartado b) do artigo 49 da Lei 7/85, do 2 de abril, das Bases do Réxime Local, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP da Coruña nº73, do 26 de maio de 2020)
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible