Concello da Coruña

Concello da Coruña

Arrincan as actividades na Tenda de Antón

O alumnado do CPR Sagrado Corazón Franciscanas e o da EIM Monte Alto faranse cargo da presentación con cancións e recursos creados sobre a experiencia de visitar e coñecer este mercado

Este martes comezaron as actividades programadas na Tenda de Antón, un encontro de colaboración intercentros.

Os autores das cancións relacionadas con esta experiencia son o grupo Pirilampo e Lois Seixo. O artista Félix Arias participará na presentación das actividades.

Recoñecida por Unicef

A tenda de Antón está recoñecida por Unicef, desde o ano 2016 como unha boa práctica para a infancia. Grazas á colaboración da Fundación Barrié e do Concello, a escola puxo en marcha no mercado de Monte Alto un posto dedicado exclusivamente para as nenas e os nenos dos centros escolares. Na Tenda de Antón teñen a oportunidade de xogar a vender e mercar e establecer relación coas praceiras e cos praceiros deste mercado municipal.

  • A tenda de Antón

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión