Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

EIM Monte Alto: Do horto á "machamba"

Cando:

13 de novembro de 2018

A escola infantil municipal organiza un mercado solidario en favor das escolinhas de Tete (Mozambique). Será o sábado 22 de decembro

Entre as accións de colaboración e cooperación coas escolinhas de Tete (Mozambique) que leva a cabo a EIM Monte Alto, realizarase un mercado solidario de venda de plantas cultivadas polos/as escolares.

Con esta actividade preténdese rcaudar fondos para a creación de "machambas", hortos, e comprar plantas e sementes co fin de cultivar produtos para alimentar os nenos e as nenas das escolas de Mozambique.

Para levar a cabo esta iniciativa, desde a EIM Monte Alto solicitan colaboración veciñal a través da doazón de todo tipo de plantas, de macetas ou de envases reciclados que sirvan de macetas. A recollida realizarase a partir do mércores 21 de novembro, de 13:00 a 16:00 horas na escola e na AVV Atochas Monte Alto.

O mercado realizarase o sábado 22 de decembro, a partir das 10:00 horas, nos exteriores da escola.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión