Concello da Coruña

Concello da Coruña

O Concello da Coruña organiza o ciclo en liña "Memoria democrática a debate”

Cando:

23 de novembro de 2020

Realizarase do 2 ao 4 de decembro na sede da UNED da Coruña e poderase seguir vía streaming

«Memoria democrática, a debate» é unha actividade en liña, que se realizará nos días 2, 3 e 4 de decembro de 2020 (de 18.00 a 21.00 h) na cidade da Coruña, na sede institucional da UNED nesta cidade, e que reunirá persoas expertas de recoñecido prestixio internacional. Realizaranse tres mesas redondas e debates posteriores abertos á cidadanía, que se poderán seguir en liña, tanto en directo como en diferido.

Trátase dunha actividade organizada polo Concello da Coruña, en colaboración coa UNED, que pon a disposición deste proxecto as súas instalacións e os seus medios técnicos para garantir o seu desenvolvemento tendo en conta as medidas de seguridade ante a COVID-19.

Ligazón á inscrición

Documentos relacionados

  • Programa: Memoria democrática a debate (2 MB)
  • Guía de inscrición: Memoria democrática a debate (418 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión