Concello da Coruña

Concello da Coruña

O CEIP Raquel Camacho gaña o concurso "Valoremos a auga" de Emalcsa

Cando:

28 de xuño de 2021

Ademais de 500 euros de premio para o centro escolar, o alumnado participante recibirá un diploma acreditativo, un agasallo e a posibilidade de facer unha visita guiada aos principais espazos relacionados coa subministración de auga na comarca.

O vídeo gañador do concurso de vídeo "Valoremos a auga" foi o presentado polo grupo de 5.º B de educación primaria do CEIP Raquel Camacho. Coordinados pola súa titora Ángeles Roca, presentaron unha creación na que o propio alumnado falaba dos distintos usos que tiña a auga e a súa relevancia para a vida. Ademais de 500 euros de premio para o centro escolar, o alumnado participante recibirá un diploma acreditativo, un agasallo e a posibilidade de facer unha visita guiada aos principais espazos relacionados coa subministración de auga na comarca.

O segundo posto foi para o curso de 2.º de educación primaria do colexio Calsanz PP. Escolapios da Coruña e o terceiro premio foi para o grupo de 2.º B do CEIP Emilia Pardo Bazán.

O concurso "Valoremos a auga" púxose en marcha na Coruña e a comarca para crear unha corrente de opinión e debate público sobre o valor que as persoas lle outorgan á auga e destacar todos os seus usos e a necesaria implicación social para facelos sostibles.

Documentos relacionados

  • Bases concurso Valoremos a auga (113 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión