Concello da Coruña

Concello da Coruña

O prazo de inscrición no programa deportivo "Máis rápidas, máis altas e máis fortes" abre desde o 27 de setembro ao 15 de outubro

Cando:

27 de setembro de 2022

O programa, organizado polas concellarías de Educación e Deportes, está dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de Secundaria dos colexios públicos e privados concertados da cidade

Desde o martes 27 de setembro, ata o 15 de outubro, esta aberto o prazo de inscrición para participar no programa "Máis rápidas, máis altas e máis fortes" que poñen en marcha de maneira conxunta as concellarías de Educación e de Deportes e que ten como obxectivo dar a coñecer as diferentes disciplinas deportivas que se desenvolven na cidade, a través de charlas informativas, impartida por expertas mulleres deportistas, contando tamén cunha parte práctica.

O programa está dirixido ao alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de secundaria dos colexios públicos e privados concertados da cidade para que tomen conciencia da importancia de practicar deporte e da ampla oferta de disciplinas polas que poden optar na Coruña. Os centros educativos interesados poden solicitar que participen ata catro aulas e cada unha debe de seleccionar, por orde de prioridade, ata cinco deportes sobre os que quere ter información. As disciplinas entre as que se pode elixir son: artes marciais, atletismo, baloncesto, balonmán, boxeo kick boxing, esgrima, fútbol, fútbol sala, ximnasia rítmica, gimansia artística, golf, halterofilia, judo, marcha nórdica, montañismo, multideporte, natación, patinaxe en linea, petanca, rugby, skate, tenis, tiro con arco, tríatlon, ultimate, voleibol, waterpolo e deporte adaptado.

Período de realización

A asignación de datas para impartir as sesións nos centros realizaraas o servizo municipal de deportes en base ás solicitudes recibidas a través da ficha de inscrición.

A comunicación das datas asignadas farase a través do correo electrónico facilitado ao facer a inscrición.

Programa ao que pertence

  • Máis rápidas, máis altas, máis fortes 2022-23

    As concellerías de Deportes e Educación poñen en marcha un programa para dar a coñecer diferentes disciplinas deportivas que se imparten na cidade, a través de charlas informativas, impartidas por especialistas na materia, que tamén contarán cunha parte práctica.

    Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión