Concello da Coruña

Concello da Coruña

O Pleno infantil realizarase o luns 28 de novembro ás 12.00 horas

Cando:

25 de novembro de 2022

Terá lugar no salón de plenos do Concello e estará presidido pola alcaldesa Inés Rey, acompañada polo concelleiro de Educación, Jesús Celemín, e dunha persoa representante de UNICEF

Os nenos e nenas dos colexios da Coruña serán os protagonistas do Pleno infantil 2022-23 no salón de plenos do concello, no que nos falarán de dereitos na infancia e como estes dereitos fican reflectidos na súa vida cotiá.

Este acto realizarase o luns 28 de novembro, presidido pola alcaldesa Inés Rey, acompañada polo concelleiro de Educación, Jesús Celemín, e dunha persoa representante de UNICEF.

A través desta actividade búscase ofrecerlles un espazo de reflexión aos nenos e nenas da cidade para que acheguen a súa visión sobre os dereitos recollidos na Convención sobre os dereitos dos nenos e nenas (CDN) e como estes dereitos fican reflectidos na súa vida cotiá.

Esta actividade realízase en colaboración con UNICEF e ten lugar no salón de plenos municipal, onde unha representación de alumnos/as do curso participante expón as conclusións do material traballado previamente na aula. Cada centro participante, traballa arredor dun dereito dos recollidos na CDN co material didáctico achegado por UNICEF. Nesta edición participará o alumnado de 5.º e 6.º das seguintes escolas, e profundarán nos seguintes dereitos:

  • CPR Escravas do Sagrado Corazón. Dereito: identidade
  • CEIP Salgado Torres. Dereito: participación
  • Colexio plurilingüe Karbo. Dereito: educación
  • CEIP Cidade Vella. Dereito: saúde
  • Colexio "Sagrado Corazón" Franciscanas. Dereito: xogo
  • Colexio Calasanz-Escolapios. Dereito: protección
  • CEIP Eusebio da Guarda. Dereito: igualdade
  • CPR Salesianos San Juan Bosco. Dereito: familia

Programa ao que pertence

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión