Concello da Coruña

Concello da Coruña

O profesor Branislav Micic da Universidade de Artes de Novi Sad (Serbia) visita o CIFP Imaxe e Son da Coruña

Cando:

19 de xuño de 2019

A visita está enmarcada dentro do proxecto K107 do programa Erasmus+ a través do cal o centro de ensino leva anos facendo intercambios de "job-shadowing" con universidades doutros países

O CIFP Imaxe e Son da Coruña (EIS) recibe o profesor Branislav Micic da Universidade de Artes de Novi Sad (Serbia) onde é especialista na Área de Son. A mobilidade do profesor Serbio vén inmediatamente a continuación da visita que fixo a coordinadora de Proxectos Internacionais da EIS á Facultade de Artes De Novi Sad para participar nunha actividade de observación de boas prácticas docentes no centro educativo serbio.

O "Job Shadowing" tanto en Novi Sad como na Coruña durou 5 días e realizouse nas diferentes áreas de coñecemento que se imparten en ambos os centros, aínda que no CIFP Imaxe e Son tratouse de orientar a visita do profesor Micic cara á área de son, que é a que máis lle interesaba.

Durante as estadías en ambos os centros o profesorado tratou de integrarse na vida diaria do centro e participar en actividades centradas no estudo de ambos os sistemas educativos para poder comparalos, analizando tamén a organización interna do centro e a observación directa doutros docentes na súa práctica diaria.

A visita está enmarcada dentro dun proxecto K107 do programa Erasmus plus a través do cal o centro de ensino leva xa varios anos facendo intercambios de "job-shadowing" con universidades de diversos países como Albania ou Jordania. Proxectos deste tipo dan como resultado iniciativas como a que se está a tratar de poñer en marcha entre a Facultade de Artes de Tirana (Albania), a Universidade de Pavia (Italia) e o CIFP Imaxe e Son. Espérase que estas mobilidades sirvan para establecer vínculos colaborativos entre os dous centros e que se poida involucrar o alumnado nas visitas recíprocas nun futuro próximo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión