Concello da Coruña

Concello da Coruña

O Servizo Municipal de Educación súmase aos actos de conmemoración do 8M

Cando:

8 de marzo de 2021

Baixo o lema "Mulleres sen límites. A por todas" desde o Consistorio preténdese visibilizar e recoñecer os logros e avances de moitas mulleres no Día Internacional da Muller

O Servizo Municipal de Educación súmase aos actos organizados desde o Concello da Coruña para conmemorar o Día Internacional da Muller. Arredor deste 8 de marzo organizáronse unha serie de actividades, baixo o lema "Mulleres sen límites. A por todas", cos obxectivos de:

  • Visibilizar e recoñecer os logros e avances de moitas mulleres que abriron camiño ao longo da historia e son fonte de inspiración para as novas xeracións.
  • Visibilizar referentes femininos nos ámbitos das CTEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas).
  • Implicar a cidadanía en xeral e os centros educativos en particular como parte imprescindible para unha transformación cara a unha sociedade máis igualitaria e xusta.

Máis información respecto diso.

Fondos sobre igualdade e feminismo

Tamén vos convidamos a visitar nestes días as diferentes exposicións con fodos sobre igualdade e feminismo das Bibliotecas Municipais, así como de consultar a guía de lectura: #VisibilizarOInvisible.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión