Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Encontros intercentros dos obradoiros “O ritmo do son” e “Escola de actores”

Cuándo:

26 de noviembre de 2019

Terán lugar os días 29 de novembro e 13 e 18 de decembro, e realizaranse cada dous ou tres colexios, sendo un o anfitrión e outros os convidados.

Os días 29 de novembro e 13 e 18 de decembro os escolares inscritos nos obradoiros de "O ritmo do son" e "Escola de actores" do programa de Ocio Educativo participarán en encontros intercentros, con outros nenos e nenas do mesmo obradoiro.

Estes encontros realizaranse cada dous ou tres colexios, polo que un dos centros exercerá de anfitrión e os outros serán os convidados e terán que desprazarse.  

No encontro de "O ritmo do son" os nenos e nenas compartirán espazos e xogos con outros participantes do programa como estratexia socializadora, ademais de afianzar aspectos de interese traballados dentro deste obradoiro, como a expresión corporal, o ritmo, o movemento, a coordinación, cancións  etc. Esta sesión virará ao redor dunha temática formulada a modo de reto e que será o fío condutor das diferentes actividades propostas. 

No caso do encontro de "Escola de actores", cada grupo fará unha pequena representación teatral ensaiada ao longo destas semanas neste obradoiro. Así mesmo, poderán compartir con outros compañeiros e compañeiras diferentes xogos de dramatización nos que a imaxinación, a expresión corporal, os personaxes, os contos e o atrezzo encherán de teatro este día.

En total levaranse a cabo 10 encontros distribuídos segundo figura nas táboas do documento relacionado.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión