Concello da Coruña

Concello da Coruña

Intercambio do Eixo Atlántico: A Coruña - Guimarães

Cando:

9 de maio de 2019

Do 8 ao 10 de maio recibimos na cidade ao alumnado do agrupamento de escolas Mário Cardoso.

O Concello da Coruña é unha das cidades integrantes do Eixo Atlántico. A súa comisión de Educación e Cultura promoveu a realización de intercambios escolares entre cidades galegas e portuguesas durante o primeiro se mestre do ano 2019.

O curso 2018-19 o intercambio faise coa cidade de Guimarães. O alumnado do agrupamento de escolas Mário Cardoso visita a nosa cidade os días 8, 9 e 10 de maio. Na seguinte semana, do 13 ao 15 de maio, o alumnado de 6º do CEIP Manuel Murguía acudirán á cidade portuguesa.

O xoves 9 de maio, a Concelleira de Xustiza Social e coidados, recibiu no salón de plenos ao alumnado que participa no intercambio, para a posteriori iniciar un itinerario guiado pola cidade. O alumnado visitará tamén os museos científicos e distintos lugares da cidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión