Concello da Coruña

Concello da Coruña

Xaque ao Virus finaliza cun total de 83.780 visitas aos seus blogs

Cando:

2 de xuño de 2020

Foron moitas as personalidades do panorama cultural galego que participaron no programa durante o confinamento

O pasado 23 de marzo, o persoal educador dos programas de ocio da Federación Provincial das ANPA iniciaron a proposta de lecer en liña "Xaque ao virus" para facer fronte ao confinamento declarado por mor da crise sanitaria da COVID-19.

A dita proposta foi orientada a todas e todos os escolares inscritos nos programas municipais Deporte no centro, Ocio educativo e Luditarde, para así seguir mantendo a oferta educativa a todas aquelas familias inscritas nos ditos programas.

Entre as personalidades da cultura galega que participaron no programa están: Paco Nogueiras, Rocío Candal e María Castro, Xosé Antonio Touriñán, Yolanda Castaño e Carlos Núñez, entre outros.

Xaque ao virus péchase xa en plena desescalada cunha participación de máis de 80.000 visitas aos blogs do programa. Grazas!

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión