Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Concellería de Educación organiza un concerto didáctico con motivo do Día das Letras Galegas

Cando:

10 de marzo de 2020

Trátase dun concerto didáctico deseñado para o alumnado de 5.º e 6.º de Primaria impartido por Rosa Sánchez e Pablo Carpinteiro, para realizar na semana do 11 ao 15 de maio

O contido, didáctico e activo, explica a evolución musical da humanidade contada a través da vida e do desenvolvemento musical dunha nena e dun neno galegos na nosa sociedade tradicional.

Tocaranse temas como a selección natural e sexual, as diferenzas entre sexos en canto á música, a importancia das sociedades matriarcais, a orixe da música e a súa utilidade dentro do proceso evolutivo e en diferentes aspectos das nosas culturas (medicina, ritos, cohesión social etc.).

No concerto empregaranse 43 instrumentos tradicionais galegos e explicarase a teoría da orixe infantil dos instrumentos musicais. A duración da actividade acompañada de música é de 70 minutos.

Inscrición na actividade

Esta actividade será gratuíta para os centros educativos que o soliciten mediante a inscrición na ficha específica da actividade, desde o 10 ao 31 de marzo ás 14.00 horas.

Serán admitidos todos os centros solicitantes por rigorosa orde de petición ata esgotar recursos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión