31 de outubro de 2018
A festa final será na praza Pablo Iglesias e nela poderá participar toda a veciñanza.
Ás 17:30 horas, un grupo de pais, nais, alumnado e profesorado do CEIP Fernández Latorre representarán a obra "Un don Juan del país".
Ás 18:45 horas farase un acendido de cabazas no colexio e media hora máis tarde comezará o desfile de cabazas cos gaiteiros de Iar, que sairán da EIM Carricanta, con parada no CEIP Fernández Latorre, ata a praza de Pablo Iglesias, cunha festa con música e xogos como final. Esta actividade estará aberta a toda a veciñanza.
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible