Concello da Coruña

Concello da Coruña

Máis de 3.500 escolares da Coruña forman unha cadea humana para reivindicar a paz e amosar o seu rexeitamento ás violencias

Cando:

26 de abril de 2019

A concelleira de Xustiza Social, Silvia Cameán, participou na iniciativa, actividade previa á 2ª Marcha Mundial pola Paz e a Nonviolencia

O Paseo Marítimo da enseada do Orzán foi o escenario esta mañá dunha cadea humana conformada por máis de 3.500 escolares de 8 colexios da cidade para reivindicar a paz e a non violencia. A iniciativa, promovida pola entidade Mundo sen Guerras e Sen Violencia e que conta co apoio do Concello da Coruña, supón unha actividade previa á celebración da 2ª Marcha Mundial pola Paz e a Nonviolencia.

A edil de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, participou na proposta, da que salientou a súa defensa a prol dos dereitos humanos como valor "absolutamente fundamental". "Na defensa dos dereitos humanos non caben medias tintas, e a mensaxe que lanzamos desde A Coruña é clara: esta é unha cidade na que estamos en contra de todas as violencias", sinalou a concelleira, quen lembrou que, nos últimos meses, o alumnado de oito centros educativos que se atopan no termo municipal --Aspronaga, Calasancias, Compañía de María, Esclavas, Salesianos, CEIP Salgado Torres, Santo Domingo e CEIP Zalaeta-- desenvolveu diversas actividades de concienciación e sensibilización vinculadas "á defensa dos dereitos de todas as persoas". "Unha vez máis a educación descúbrese como unha ferramenta fundamental, a todos os niveis, para construír, en común, unha sociedade máis xusta e digna", apuntou.

Ao fío, a responsable da área de Xustiza Social lembrou que o Pleno municipal aprobou por unanimidade, durante o sesión celebrada o 1 de abril, declarar o 2 de outubro como o Día da Nonviolencia Activa na Coruña e adherirse tamén á 2ª Marcha Mundial pola Paz e a Nonviolencia, que percorrerá diversos países do mundo desde o 2 de outubro de 2019 até o 8 de marzo de 2020. Para máis información sobre esta iniciativa, pódese visitar www.theworldmarch.org

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión