14 de xuño de 2019
O centro escolar non puido incorporarse ata o de agora por estárense a realizar labores de mellora nas súas instalacións
O obxectivo do programa Patios Abertos é abrir os patios dos centros educativos fóra do horario lectivo para que a veciñanza poida facer uso das instalacións deportivas exteriores.
Os días de apertura son os venres, sábados, domingos e festivos en horario de 18.00 a 21.00 horas.
Esta iniciativa rematará o 31 de agosto e estase a desenvolver nos CEIP Juan Fernández Latorre, CEIP Alborada, CEIP Sanjurjo de Carricarte, CEIP Manuel Murguía e CEIP María Pita, aos que se suma o CEIP Raquel Camacho.
Programa ao que pertence
Apertura das instalacións exteriores dos colexios, en horario non lectivo, e uso delas como lugares de participación e socialización.
Máis informaciónSentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible