Concello da Coruña

Concello da Coruña

O Concello confirma que os reembolsos dos pagos das bolsas USA foron realizados

Cando:

17 de xullo de 2020

Os 60 mozos e mozas afectados por esta cancelación derivada da crise sanitaria foron informados onte pola vía telemática de que se procedería á devolución das cantidades abonadas

O Concello confirma que a empresa CLS idiomas realizou no día de hoxe o reembolso do pago das bolsas USA, que tiveron que cancelarse por mor da crise da Covid-19. As 60 familias dos rapaces e rapazas que ían desfrutar deste programa educativo internacional foron informadas na tarde do mércores de que se lles devolverán as cantidades abonadas.

O concello cancelou as becas USA o pasado 5 de xuño pola incerteza xerada polo desenvolvemento da pandemia e ao non lles poder garantir ás familias e beneficiarias/os que se poidan cumprir as medidas de seguridade e de hixiene. Ante esta situación, o Goberno local decidiu non seguir adiante coas convocatorias por non poder asegurar que se leven a cabo os programas nos mesmos termos doutros anos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión