Concello da Coruña

Concello da Coruña

O Concello da Coruña ofrécelle a máxima colaboración ao Consello Social da UDC

Cando:

29 de xullo de 2019

A alcaldesa mantivo unha reunión co presidente do Consello Social da UDC, Antonio Abril

A alcaldesa, Inés Rey, mantivo un encontro esta mañá con Antonio Abril, presidente do Consello Social da Universidade da Coruña e secretario xeral de Inditex. Tratouse dunha primeira toma de contacto no que a rexedora expresou a disposición do Goberno local a manter un diálogo fluído e a máxima colaboración coa institución académica.  

Rey reiterou o compromiso que lle trasladou ao reitor da UDC, Julio Abalde, nunha reunión mantida entre ambos hai unhas semanas, no que lle expresou a súa intención de que a Universidade se incorporase ao deseño urbano da cidade.  

Rey confía en que o Consello Social e o Concello traballen xuntos nos novos retos que afronta A Coruña como o plan e Mobilidade, que debe recoller as necesidades da cidade e a súa área metropolitana, e a futura Cidade das Tics.  

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión