Concello da Coruña

Concello da Coruña

O Concello inicia o venres unha nova edición do programa Aberto ao Barrio, no que cinco centros de ensino acollerán actividades fóra do horario escolar "para incrementar as opcións de lecer xuvenil e favorecer a conciliación"

Cando:

15 de maio de 2019

O patios exteriores dos CEIP Juan Fernández Latorre, Sanjurjo de Carricarte, Manuel Murguía, Alborada e María Pita estarán abertos nas tardes de venres, sábados, domingos e festivos ata o 31 de agosto

A Concellería de Xustiza Social e Coidados comeza unha nova edición do programa Aberto ao barrio, que se abriu en 2017 co obxectivo de abrir as instalacións deportivas exteriores dos centros de ensinanza para o seu uso, por parte da cidadanía, en horario non lectivo. O programa, que se iniciou cunha experiencia piloto no CEIP Juan Fernández Latorre durante as fins de semana do curso escolar, lévase a cabo en cinco centros da cidade: o Sanjurjo de Carricarte, o Manuel Murguía, o Alborada, o María Pita e o propio Juan Fernández Latorre. Estes centros abrirán os seus patios e instalacións exteriores o venres 17 de maio de 18.00 a 21.00 horas, e así o continuarán a facer os venres, sábados, domingos e festivos ata o 31 de agosto.

Aberto ao Barrio é unha medida que afonda nas opcións de lecer para a xuventude e a infancia, que contan con equipos de dinamización de actividades en cada centro aberto, ao tempo que favorece a conciliación familiar e crea comunidade nos barrios. "Apostamos por empregar unhas instalacións coñecidas nos barrios e adaptadas á infancia e das que non se facía uso nas fins de semana para habilitar un espazo no que as nenas e os nenos poidan realizar diferentes actividades dirixidas e dar máis opcións de lecer e conciliación. Entendemos que os centros educativos deben ser espazos de encontro e aprendizaxe colectivo, con vocación de crear comunidade e ser lugares de participación e socialización do barrio", indica a concelleira responsable, Silvia Cameán.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión