Concello da Coruña

Concello da Coruña

O Pazo Municipal de María Pita acolle un cento de nenos e nenas para celebrar o Pleno Infantil

Cando:

28 de novembro de 2022

Inés Rey: “Volvemos convocar este pleno para escoitar o moito que traballastes nas propostas e aprender con vós todo o que vós aprendestes”

A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta mañá no Pazo Municipal os representantes dos oito centros educativos que participan no Pleno Infantil. O pleno celébrase con motivo do Día Mundial da Infancia (20 de novembro), dando a posibilidade ao alumnado de participar de forma activa na gobernanza local.

Un total de 40 nenos e nenas achegáronse ao Pazo Municipal en representación dos oito centros educativos, acompañados por máis de 60 compañeiros e compañeiras e profesores responsables. Os representantes presentaron as súas conclusións, froito do traballo dos dereitos asignados baseándose na Convención sobre os Dereitos dos Nenos a cada unha das escolas: o CPR Esclavas del Sagrado Corazón tratou a identidade, o CEIP Salgado Torres a participación, o colexio plurilingüe Karbo a educación, o  CEIP Cidade Vella a saúde, o colexio "Sagrado Corazón" Franciscanas o dereito ao xogo, o Calasanz-Escolapios a protección, o  CEIP Eusebio da Guarda a igualdade e o CPR Salesianos San Juan Bosco a familia.

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu o pleno acompañada do concelleiro de Eduación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, Jesús Celemín. "Volvemos convocar este Pleno Infantil para escoitar o moito que traballastes nas propostas e aprender con vós todo o que vós aprendestes ao preparar este Pleno escoitando as vosas ideas, opinións e propostas para a esta cidade" sinalou a rexedora.

Inés Rey destacou a realización de programas educativos como "Sementando Participación" ou as máis de 70 actividades do programa "Coruña Educa", deseñados co obxectivo de fomentar a participación e desenvolver unha conciencia crítica na infancia. "Sumaremos este ano o Consello Local da Infancia, cumprindo coa vontade de dar un espazo de participación fixo aos nenos e nenas da Coruña, podendo achegar de forma periódica as súas inquedanzas e propostas ao Goberno Municipal" concluíu a alcaldesa.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión