Concello da Coruña

Concello da Coruña

O proxecto Patios Abertos retoma a súa actividade este venres 17 de maio

Cando:

14 de maio de 2019

O obxectivo é abrir os patios dos centros educativos fóra do horario lectivo para que a veciñanza poida facer uso das instalacións deportivas exteriores. Esta iniciativa rematará o 31 de agosto

O proxecto Patios Abertos retoma a súa actividade de novo este curso a vindeira fin de semana coincidindo co 17 de maio. Inicialmente desenvolverase  en 5 CEIPS da cidade: CEIP Juan Fernández Latorre, CEIP Alborada, CEIP Sanjurjo de Carricarte, Ceip Manuel Murguía e CEIP María Pita.

O obxectivo principal é o de abrir os patios dos centros educativos fóra do horario lectivo para que a veciñanza poida facer uso das instalacións deportivas exteriores. A xornada inagural do uso destas instalacións será este venres 17 de maio e rematará o día 31 de Agosto de 2019.

Os días de apertura serán os venres, sábados, domingos e festivos en horario de 18.00 a 21.00 horas.

Programa ao que pertence

  • Patios abertos

    Apertura das instalacións exteriores dos colexios, en horario non lectivo, e uso delas como lugares de participación e socialización.

    Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión