Concello da Coruña

Concello da Coruña

Proxeccións da película "Valentina"

Cando:

Dende o 12/12/2022 ata o 16/12/2022

Xa rematou

A película conta, en primeira persoa e en clave fantástica, a maneira na que unha nena con síndrome de Down aprende, evoluciona e se relaciona cos demais.

As proxeccións serán ás 10.30 e ás 12.00 h os días 12, 13, 14 e 15. O día 15 só haberá un pase ás 12.00 h.

A proxección dura 65 minutos.

Programa ao que pertence

  • Valentina - Proxección da película

    A película Valentina, gañadora dun Goya á mellor película de animación, mostra a experiencia dunha nena que está cansa de ter síndrome de Down, convencida de que ese é o motivo que lle impide alcanzar o seu soño: ser trapecista. Pero nunha viaxe máxica descubrirá todo aquilo do que é capaz.

    Desde o Servizo Municipal de Educación, coa proxección desta película dirixida a alumnado de 1.º e 2.º de EP, quérese apoiar a vontade do proxecto de dar visibilidade a un colectivo que quere ser artífice da súa propia mensaxe no camiño cara á súa plena cidadanía.

    Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión