Concello da Coruña

Concello da Coruña

Publicáronse a resolución e as listas definitivas de adxudicacións das Bolsas Norteamérica para o curso 2026-2027

Cando:

11 de maio de 2026

A resolución e as listas poden consultarse na páxina coa información do programa.

O Concello da Coruña, a través da Concellería de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, publicou a resolución definitiva a través da cal se establece a adxudicación das Bolsas Norteamérica para o curso 2026-27, dirixidas ao alumnado de 4.º de ESO dos centros educativos da cidade.

Tal e como se indica na resolución, o goce da bolsa por parte da persoa beneficiaria estará condicionado:

  • En primeiro lugar, ao cumprimento das obrigas recollidas no punto 5.º da convocatoria e das que o Servizo Municipal de Educación non pode ter certeza no momento de ditar esta resolución. En particular, a obriga de ter aprobadas todas as materias de 4.° curso da ESO no mes de xuño de 2026 e a obriga da familia de contar con toda a documentación precisa para que o/a menor poida realizar as viaxes de ida e volta á cidade da Coruña, así como realizar o curso completo en Canadá. De ter constancia a familia, no momento de publicar esta resolución, de que non se van cumprir estas condicións, deberase renunciar á bolsa concedida no prazo máximo de 5 días hábiles dende a publicación desta resolución. De non presentar a renuncia e se se produce o incumprimento do programa, poderase entender que existe causa de reintegro da bolsa concedida de acordo co artigo 15 da convocatoria.

  • En segundo lugar, condicionado ao establecido na cláusula 18.º da convocatoria, en canto a que as condicións de participación no programa quedan condicionadas ao cumprimento dos requisitos esixidos polas autoridades do país de destino e á existencia dun fogar de acollida e un centro educativo que permita a inclusión en igualdade de condicións que o resto de participantes do alumnado con diversidade funcional solicitante da bolsa. De producirse estas circunstancias, sen causa imputable á persoa beneficiaria nin ao Concello da Coruña, quedará sen efecto a concesión da bolsa sen dereito a indemnización.

Ante esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición, no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Xulgado da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

A resolución e as listas poden consultarse na páxina coa información do programa, dentro do apartado "Documentos relacionados": Bolsas Norteamérica 2026-27

Programa ao que pertence

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión