Concello da Coruña

Concello da Coruña

Publicáronse as listaxes de puntuación provisional de admisión na Rede de Escolas Infantís Municipais

Cando:

3 de agosto de 2020

Ábrese un prazo para presentar alegacións desde o 4 até o 11 de agosto, que se deberán realizar preferentemente por Rexistro telemático

A documentación presentarase preferiblemente a través do Rexistro electrónico do concello entrando na web https://sede.coruna.gob.es. Tamén se poderá presentar presencialmente nos rexistros municipais ou por calquera outro medio permitido pola Lei de procedemento administrativo.

Consulta as listaxes de admisión provisional nos documentos anexos, publicadas polas escolas municipais. Cada documento inclúe as prazas ofertadas por ano de nacemento (2018, 2019 e 2020).

A adxudicación das prazas nas Escolas Infantís Municipais (EIM) realizarase exclusivamente atendendo á puntuación obtida segundo as bases aprobadas pola Xunta de Goberno Local do 17 de xuño de 2020.

Estas listaxes publícanse para os efectos de informar das puntuacións provisionais asignadas a cada persoa usuaria e con referencia á primeira opción solicitada. Non supoñen unha lista de adxudicación de prazas provisionais, tendo en conta que poderán ser modificadas como consecuencia de:

1. Corrección de puntuacións derivada da emenda de documentación polas persoas solicitantes.

2. Pola consideración das segundas opcións solicitadas por persoas con maior puntuación.​

Podes consultar toda a información sobre o proceso de admisión aquí.

Documentos relacionados

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión