Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Rey participa no programa radiofónico “A rotonda nas ondas”, conducido polo alumnado das Esclavas

Cando:

27 de novembro de 2019

A alcaldesa, que contestou a todo tipo de preguntas feitas polo estudantado, convidounos a trasladarse a María Pita para gravar o programa no pazo

Alumnado de Primaria e da ESO do colexio das Esclavas entrevistou esta mañá a alcaldesa Inés Rey no seu programa de radio "A rotonda nas ondas", dentro da sección "E ti de quen vés sendo?", conducido por Sara, Álvaro, Noah e Alfredo coa axuda de Inés Yong e Inés Gómez. Entre todos, formuláronlle cuestións propostas por estudantes do centro e que tocaron terreos persoais como a de por que lle chaman "Miss Wiki" e que atende á súa capacidade para quedarse facilmente con datos ou interrogala sobre a súa época de universitaria.

A rexedora convidounos a que trasladasen os seus aparellos a María Pita para gravar o programa no pazo nun encontro en que falou de como se sente representando a cidade e abordou o groso de proxectos que o Goberno local ten pensado executar e que mellorarán áreas como a mobilidade coa Estación Intermodal ou a reordenación dos buses urbanos; o ámbito do coñecemento, coa construción das Cidades das TIC, ou os asuntos sociais, con programas e axudas para a veciñanza que non dispón de recursos.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?