Concello da Coruña

Concello da Coruña

Publícanse as listas provisionais de persoas seleccionadas e en espera no programa Acoreuropa VIII

Cando:

25 de xaneiro de 2019

Ábrese un prazo de presentación de alegacións de dez días naturais, dende o 26 de xaneiro ao 4 de febreiro

Co fin de que as persoas interesadas aleguen o que estimen oportuno en defensa dos seus dereitos, emenden as faltas ou acheguen os documentos preceptivos, con indicación de que se así non o fixesen, teranse por desistidos da súa petición, ábrese un prazo de presentación de alegacións de dez días naturais, dende o 26 de xaneiro ao 4 de febreiro.

As ditas alegacións deberán ser presentadas en calquera dos rexistros municipais (situados no Pazo municipal de María Pita, Fórum Metropolitano, Ágora ou Mesoiro) ou en calquera das dependencias ás que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segundo a cláusula 25 das bases "a Comisión de Valoración examinará as alegacións presentadas e emitirá un informe motivado. A proposta de resolución definitiva dirixirase ao órgano competente que resolverá o procedemento de forma motivada. Non se realizarán comunicacións individuais fronte ás alegacións"; de forma que a lista definitiva de persoas selecionadas publicarase na páxina web www.coruna.gal/educacion, a partir do 5 de febreiro.

Calquera aclaración ou consulta pode realizarse no correo educacion@coruna.es ou no teléfono 981 184 200, extensión 12038.

Programa ao que pertence

  • Bolsas Europa FP. Proxecto Acoreuropa IX

    Programa inscrito no programa Erasmus + da Unión Europea, polo que se organizan e posibilitan prácticas de formación, de tres meses de duración en empresas de diversos países europeos para recentemente titulados de FP Superior nos centros adscritos ao programa.

    Máis información

Documentos relacionados

  • Listas provisionais de persoas seleccionadas e en espera (128 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión