5 de febreiro de 2019
Ábrese un prazo de 5 días naturais, do 6 ao 11 de febreiro, para que as persoas seleccionadas poidan presentar a súa aceptación ou renuncia
As 11 persoas seleccionadas e que acepten a súa praza serán convocadas polo Servizo Municipal de Educación a unha reunión informativa o mércores 13 de febreiro ás 12:00 h, na sede do Consello Escolar Municipal (r/ Orzán, 21). A reunión é de asistencia obrigatoria.
En caso de non poder asistir (ou para calquera aclaración ou consulta), póñanse en contacto co Servizo Municipal de Educación a través de educacion@coruna.es ou no teléfono 981 184 200, extensión 12038.
Programa ao que pertence
Programa inscrito no programa Erasmus + da Unión Europea, polo que se organizan e posibilitan prácticas de formación, de tres meses de duración en empresas de diversos países europeos para recentemente titulados de FP Superior nos centros adscritos ao programa.
Máis informaciónDocumentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible