Concello da Coruña

Concello da Coruña

TODO PÚBLICO: ábrese o prazo de inscrición o próximos xoves 22 de setembro

Cando:

21 de setembro de 2022

O IMCE, coa especial colaboración do Servizo Municipal de Educación, ofrécelles aos centros escolares parte da súa programación de teatro, no Forum Metropolitano, para acercar as artes escénicas á infancia e a xuventude, con espectáculos específicos para os distintos niveis educativos e en horario escolar, excepcionalmente, de balde.

Retomamos o programa Todo público: programación de teatro para centros escolares 2022-23 , coa normalidade previa á pandemia:

  • Cada grupo só poderá inscribirse nunha única obra de teatro durante o curso 2022/2023. Os grupos que asistan en outono non poderán inscribirse na convocatoria de primavera.
  • aforo máximo será de 300 espectadores, incluido o profesorado, e poderá verse reducido en función das características dalgún espectáculo.
  • As funcións faránse en horario de 10.00 e 12.00 h para EI e EP, e as 12.00h para ES.
  • As prazas adxudicaranse automáticamente, por rigorosa orde de petición.
  • Se houbese máis demanda de prazas que oferta, abriríase unha listaxe de agarda para cada función, co obxecto de cubrir posibles baixas de grupos ou centros.

DATAS DE INSCRICIÓN:

  • para os centros do municipio: a partir do xoves 22 de setembro;
  • para os centros doutros municipios: a partir do martes 27 de setembro.

Ficha de solicitude específica "Despacho de billetes do teatro do IMCE: Todo Público" https://edu.coruna.gal/coruna_educa_centros/main/login.php

No caso de ter esquecido o seu contrasinal e necesite recupéralo o darse de alta, pode solicitalo a través da opción "Esquecín o meu contrasinal", ou por correo electrónico a gestionim@edu.coruna.es  desde a conta de correo oficial do seu centro escolar ou chamando ao/á responsable do centro ao teléfono 981 90 23 27.

Aclaración de dúbidas en forum@coruna.es e no teléfono 981 184 297, de luns a venres de 9 a 14h​.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión