Concello da Coruña

Concello da Coruña

Xa se pode consultar a planificación provisional de visitas da Coruña de Aventura

Cando:

19 de novembro de 2019

Establécese un prazo para solicitar cambios ata o luns 2 de decembro

Os centros educativos xa poden consultar a planificación provisional de visitas escolares no marco do programa Visitas escolares Coruña de aventura 2020-21 . Así mesmo, ata o luns 2 de decembro, poderán comunicar calquera desconformidade coas datas asignadas. En caso de non facelo, enténdense que as datas provisionais son adecuadas e pasarán a definitivas.

O Servizo Municipal de Educación asignará novas datas para as solicitudes que indicaron problemas coa data provisional e unha vez confirmadas as novas datas coa entidade e o centro pasarán a definitivas.

O 12 de decembro enviaráselles a todos os centros un correo coas asignacións definitivas de datas para as visitas solicitadas.

Recordatorio automático

Lémbrase que a aplicación de xestión do programa envíalles aos centros un recordatorio das visitas que están previstas para os próximos días, así como unha ficha de avaliación para cada un das actividades.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión