Concello da Coruña

Concello da Coruña

Calendario escolar centros

En educación infantil, educación primaria e educación especial, as actividades lectivas realizaranse do día 9 de setembro de 2021 ao 22 de xuño de 2022, ambos inclusive.

En educación secundaria, bacharelato e formación profesional, as actividades lectivas realizaranse do día 15 de setembro de 2021 ao 22 de xuño de 2022, ambos inclusive.

Os períodos de vacacións escolares no curso académico 2021/22 serán os seguintes:

- Nadal: desde o día 22 de decembro de 2021 ata o día 7 de xaneiro de 2022, ambos inclusive.

- Entroido: os días 28 de febreiro, 1 e 2 de marzo de 2022.

- Semana Santa: desde o día 11 ata o día 18 de abril de 2022, ambos inclusive.

Establécese o Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos e que no curso 2021/22 celebrarase o 11 de outubro de 2021.

Descargue o Calendario escolar 2021-22 en PDF.

Para máis información, pode consultar esta publicación directamente no DOG.

ORDE de 19 de maio de 2021 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021/22 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

CONSELLARÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión