Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa ao que pertence

Instalacións da AEMet na Coruña 2021-22

Visita guiada. Duración aproximada: 90 minutos.

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

Obxecto:

  • Coñecer os labores que desenvolve a Axencia Española de Meteoroloxía para o estudo da atmosfera.
  • Coñecer que a AEMet desenvolve os servizos meteorolóxicos de competencia do Estado e o apoio das políticas públicas e actividades privadas relacionadas coa meteoroloxía.
  • Coñecer a tarefa que desenvolve a AEMet como contribución á seguridade de persoas e bens e ao benestar e desenvolvemento sustentable.
  • Coñecer a AEMet como autoridade meteorolóxica aeronáutica.

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 5º e 6º de EP e 1º e 2º de ESO.

Cando:

Ver condicións xerais do programa.

Inscricións:

Ver condicións xerais do programa.

Contidos

O estudo científico da atmosfera. Obtención de datos e análises dos mesmos. Funcións da AEMet. Importancia do coñecemento da atmosfera.

Desenvolvemento da actividade

A actividade desenvólvese nas propias instalacións da AEMet da nosa cidade.

Facemos un percorrido polas instalacións do servizo meteorolóxico onde os participantes poden coñecer o seu Xardín Meteorolóxico ou estar presentes na solta diaria dun globo aerostático de control do tempo atmosférico. Descubrirán ademais as experiencias relacionadas coa atmosfera e o clima que desenvolve o persoal técnico e científico desta sede.

Contacto:

Puertas Fóra Comunicación Ambiental e Cultural, S.L.

Tel.: 981903834

Correo electrónico: educacionambiental@coruna.es

Programa ao que pertence

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión