Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa ao que pertence

A miña proposta contra o cambio climático 2021-22

Actividades na aula: taller de investigación. Duración: 60 minutos.

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

Obxecto:

  • Coñecer a realidade achega do cambio climático
  • Coñecer a influencia sobre os ecosistemas e os ambientes humanos
  • Coñecer que evidencias son incontestables acerca destes cambios que se están producindo
  • Investigar ¿Quen está a producir o cambio climático?
  • Coñecer quen son as autoridades mundiais á fronte das estratexias contra este cambio

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 1º e 2º Bacharelato; FP.

Recursos materiais:

Aula, proxectos, atrezo para os distintos rolles de personaxes, cartolinas onde gravar os propósitos futuros, etc.

Cando:

Ver condicións xerais do programa.

Inscricións:

Ver condicións xerais do programa.

Contidos

Evidencias incontestables confirman que a Terra vive un momento de quecemento global. Dirixentes mundiais, científicos e activistas propoñen e loitan contra esta evolución que parece imparable. Con todo, algunhas luces parecen iluminar algo o camiño e facernos concibir certas esperanzas...

Desenvolvemento da actividade e metodoloxía

Na aula imos desenvolver un xogo de roll que nos permita lanzar unhas conclusións finais, unhas reflexións conxuntas acerca dos nosos hábitos e un propósito de emenda. Ao concluír o xogo, que dividirá á aula en distintos actores que escenifican papeis diferentes no cambio climático, deberemos ter claro que imos facer en diante para cambiar e mellorar a nosa pegada ecolóxica sobre o Planeta e a súa perniciosa contribución ao aumento global da temperatura.

Contacto:

Puertas Fóra Comunicación Ambiental e Cultural, S.L.

Tel.: 981903834

Correo electrónico: educacionambiental@coruna.es

Programa ao que pertence

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión