Concello da Coruña

Concello da Coruña

Converxencias arte e ciencia. Visitas escolares a exposición e obradoiro 2021-22

A Exposición "Converxencias Arte e Ciencia: Escher", organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro das actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, para mostrar as sinerxías e vínculos entre a arte e a ciencia.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Outras

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de ESO, BACH e FP do concello da Coruña.

No caso de que queden sesións sen cubrir, abrirase a inscrición a outros centros educativos de Galicia.

Tamén existe a posibilidade de adaptar a sesión para a Escola de Arte e a Universidade da Coruña.

anual

Prezo / Custo:

Gratuíto.

Obxecto:

Unha exposición interactiva que permite unha aproximación lúdica aos fenómenos científicos coa finalidade de atraer a xente nova no gusto pola ciencia, á vez que se pretende contribuír a:

  • Fomentar na xente nova unha relación, distinta da habitual, co coñecemento, para propiciar o seu desenvolvemento armonioso e integral. Romper os límites disciplinares e potenciar a integración da ciencia con outras áreas de coñecemento, propiciar o tratamento STEAM nas aulas (ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas).
  • Analizar as semellanzas e diferenzas na construción do coñecemento nas artes e na ciencia. Explorar e visualizar conceptos matemáticos a través da arte. Recoñecer o papel das matemáticas, especialmente da xeometría, na base dalgunhas propostas artísticas e na arquitectura contemporáneas.
  • Aprender a gozar coa beleza da arte e da ciencia; aprender a mirar e interpretar a realidade a través da arte e da ciencia.

O núcleo central é a obra de Maurits Cornelis Escher (1898-1972), especialmente a realizada a partir de 1937.

Cando:

Dende o 18/10/2021 ata o 22/10/2021

No Centro Ágora.

Importante: A realización deste programa está condicionado á evolución da pandemia da COVID 19.

Este evento xa rematou

Inscricións:

Dende o 20/09/2021 ata o 11/10/2021

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral (a cubrir polo centro)

A través da ficha de inscrición que se abrirá na páxina web de IGACIENCIA.

Prazo de inscrición: desde o 20 de setembro, ás 10.00 h, ata o 5 de outubro, ás 14.00 h, para os centros educativos do concello da Coruña, un grupo por centro.

E, no caso de que queden prazas libres, de 6 de outubro, ás 10.00 h, a 11 de outubro , ás 14.00 h, para os centros educativos doutros concellos, un grupo por centro.

De ter posibilidade, os centros de calquera municipio, poderán inscribir un segundo grupo de 11 de outubro, ás 16.00 h, a 14 de outubro, ás 24.00 h.

Contacto:

IGACIENCIA

Inés Ben

secretaria@igaciencia.org

Servizo Municipal de Educación

Tel. 981 184 200 ext. 12041

educacion@coruna.es

Requisitos:

Grupos de ata 40 alumnos/as por sesión.

É conveniente que o profesorado asista á inauguración e á visita abreviada, para orientar a visita e os contidos do obradorio en función das características e intereses do grupo.

En caso de dúbida, establecer contacto a través de secretaria@igaciencia.org.

Organiza:

IGACIENCIA http://www.igaciencia.eu

Programa financiado polo Concello da Coruña

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Máis información:

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión