Concello da Coruña

Concello da Coruña

Conversa en liña III: educación emocional. Os afectos e as emocións. Deixar de sufrir por amor

Esta conversa servirá de espazo de análise e reflexión sobre o modo en que se establecen os vínculos e vivencias sexo-afectivas na adolescencia.

Neste percorrido abordarase ,desde unha dimensión emocional, a vivencia do "ser mozo", "ser moza" ou "ser diferente" no contexto relacional.

Trataremos sobre as relacións posmillenial, as rede flags desde o mito do amor romántico, como un feito que perdura e sobre as dificultades emocionais nas relacións amorosas derivadas das identidades patriarcais.

Ofreceranse, ademais, algunhas claves para construír relacións saudables e baseadas no Bo Trato.

Todo iso a través dunha sesión en liña dinámica e participativa.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Igualdade e Diversidade

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 3º e 4º de ESO, Bacharelato e FP Media

Horario:

De 10.30 h. a 12.00 h.

Obxecto:

  • Potenciar unha mirada crítica sobre os límites e mandatos de xénero no contexto relacional.
  • Explorar os retos e posibilidades de relaciónelas sexo-afectivas.
  • Facilitar propostas en clave emocional para o empoderamiento afectivo.

Metodoloxía (aplicación web Mentimeter):

Para estimular a participación activa do alumnado nas actividades e que a experiencia sexa o máis interactiva posible, empregarase unha aplicación web, Mentimeter, a través da que a persoa relatora e o alumnado poderán interactuar e realizar preguntas ao longo da actividade.

Os resultados das preguntas, respostas, achegas, visualizaranse na pantalla a tempo real.

Para iso, o alumnado deberá dispoñer durante toda a actividade dun teléfono móbil ou acceso a un PC con conexión a Internet.

Outras condicións do programa (requisitos técnicos da aula/espazo)

Para garantir unha comunicación óptima, os centros educativos participantes terán que dispoñer dunha serie de requisitos técnicos e tecnolóxicos mínimos que posibiliten a interacción:

  • Computador, proxector e pantalla na aula (ou no espazo seleccionado para a realización da actividade;
  • Conexión a Internet;
  • Altofalantes;
  • Cámara no computador e micro (non indispensable, pero se recomendable).

Cando:

25/01/2023

Inscricións:

Dende o 15/09/2022 ata o 15/10/2022

Inscrición centros

Contacto:

Centro de Información ás Mulleres (CIM)

C/ Hortensias, 11. 15008. A Coruña

E-mail: cim@coruna.gal

Tel.: 981 184 200 ext. 67126 - 67905

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión