Concello da Coruña

Concello da Coruña

Conversa en liña IV: internet e redes sociais. ciberacoso, ciberviolencia, seguridade e privacidade na rede

Nesta conversa exploraremos a nosa capacidade para identificar as violencias machistas nos espazos virtuais.

Reflexionaremos sobre o papel da internet como espazo de lexitimación da violencia de xénero, os principais riscos na internet e cales son os principais recursos e ferramentas de protección e defensa nas redes.

Ademais, poñeremos en valor as achegas positivas que poden achegar as Redes Sociais e falaremos do ciberactivismo como ferramenta de transformación social.

Todo iso a través dunha sesión en liña dinámica e participativa

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Igualdade e Diversidade

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 3º e 4º de ESO, Bacharelato e FP Media

Horario:

De 10.30 h. a 12.00 h.

Obxecto:

  • Analizar o papel que desempeñan as TRICS como axente de socialización na infancia e mocidade.
  • Sensibilizar e traballar os temas que están detrás das violencias dixitais, desde unha perspectiva de xénero.
  • Analizar as formas de ciberviolencias machistas nas redes sociais.
  • Identificar os factores de risco e protección nas tecnoloxías da comunicación e relación.
  • Fomentar as boas prácticas en materia de prevención de riscos e intervención fronte ás ciberviolencias machistas nos espazos virtuais.
  • Dar a coñecer as bondades das redes sociais a través dun ciberactivismo positivo.

Contidos:

1º Bloque:

  • As TRICS como axente de socialización.
  • Contextualización das ciberviolencias machistas. Definicións, tipos, impactos.

2º Bloque:

  • Internet como espazo de lexitimación e banalización da violencia de xénero (Instagram, Telegram, Wattpad, TikTok, Facebook, Twitter, ...).
  • Internet como espazo de violencia de xénero dixital (pornovenganza, sexpreading, ...).
  • Internet como espazo para organizar e perpretrar a violencia de xero/sexual offline (o caso das Mandas e agresións sexuais gravadas).
  • A misioginia en liña e a Manosfera Española: o internet tóxico e o trolling de xénero.

3º Bloque:

  • ¿Que podemos facer?.¿Como nos podemos protexer?

Metodoloxía (aplicación web Mentimeter):

Para estimular a participación activa do alumnado nas actividades e que a experiencia sexa o máis interactiva posible, empregarase unha aplicación web, Mentimeter, a través da que a persoa relatora e o alumnado poderán interactuar e realizar preguntas ao longo da actividade.

Os resultados das preguntas, respostas, achegas, visualizaranse na pantalla a tempo real.

Para iso, o alumnado deberá dispoñer durante toda a actividade dun teléfono móbil ou acceso a un PC con conexión a Internet.

Outras condicións do programa (requisitos técnicos da aula/espazo)

Para garantir unha comunicación óptima, os centros educativos participantes terán que dispoñer dunha serie de requisitos técnicos e tecnolóxicos mínimos que posibiliten a interacción:

  • Computador, proxector e pantalla na aula (ou no espazo seleccionado para a realización da actividade;
  • Conexión a Internet;
  • Altofalantes;
  • Cámara no computador e micro (non indispensable, pero se recomendable).

Cando:

07/02/2023

Inscricións:

Dende o 15/09/2022 ata o 15/10/2022

Inscrición centros

Contacto:

Centro de Información ás Mulleres (CIM)

C/ Hortensias, 11. 15008. A Coruña

E-mail: cim@coruna.gal

Tel.: 981 184 200 ext. 67126 - 67905

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión