A Coruña cultural
O programa "Chorus" céntrase no ensino de técnicas de canto coral, que axudan a desenvolver os coñecementos musicais e outras capacidades, como o traballo en equipo, a capacidade de escoita, a comunicación ou a integración, entre outras.
"Cinema na escola" busca achegar esta disciplina artística audiovisual á xente máis nova, aos centros e ao seu persoal docente, para que comproben de primeira man e a través do mundo da curtametraxe como as novas tecnoloxías nos facilitan o acceso a esta potente ferramenta, didáctica e experiencial.
Un curso máis creamos unha escena "de cinema" na nosa contorna educativa para crear unha curtametraxe en lingua galega: luces, cámara e acción...
Este programa busca dinamizar o uso da lingua galega a través do humor, o formato monólogo e a expresión oral, proporcionándolle ao alumnado unha experiencia creativa e enriquecedora, en colaboración con humoristas profesionais. Realizar talleres formativos de introdución á interpretación de monólogos cómicos, previos á gala, para potenciar a comprensión e expresión oral en lingua galega, así como a creatividade e a espontaneidade na representación.
A inclusión educativa e social desde a arte
A finalidade do Programa MUS-E é o traballo desde as Artes no ámbito escolar, como ferramenta que favorece a integración social, educativa e cultural do alumnado e as súas familias, e contempla o desenvolvemento da intelixencia emocional, como fonte que pretende fomentar a cohesión social, e loitar contra a posible exclusión de nenos e nenas que viven en ambientes desfavorecidos.
MUS-E fai fincapé na importancia do diálogo e a interacción así como o desenvolvemento da creatividade e a imaxinación na práctica educativa para a mellora das aprendizaxes na escola e o traballo en valores.
A intención do programa "Son futuro" é ofrecer un plan de formación musical didáctico e progresivo para que o alumnado asista a concertos con programas musicais adaptados, e que estes o vaian acompañando durante todo o seu proceso evolutivo e formativo.
Os concertos en familia son unha actividade orientada ao público familiar co obxectivo de achegar os/as máis pequenos/as da familia a que escoiten música en directo e de socializar ao máximo o acceso á música. A programación está deseñada para que o público de diversas idades comparta a emoción do encontro artístico que supón un concerto; cada un deles único e irrepetible.
O alumnado de ESO e Bacharelato asiste a unha das partes dos ensaios xerais da OSG que se celebran o mesmo día ou o día anterior ao concerto da programación de tempada da OSG, no Palacio da Ópera.
O IMCE ofrécelles aos centros escolares parte da súa programación de teatro con espectáculos específicos para os distintos niveis educativos e en horario escolar de forma segura.
O IMCE ofrécelles aos centros escolares parte da súa programación de teatro con espectáculos específicos para os distintos niveis educativos e en horario escolar.
O programa, titulado "Unha banda de película", consta dun total de 14 sesións para escolares, que se levarán a cabo no Centro Sociocultural Ágora.
O alumnado asistirá a unha sesión na que participará nun concerto en modalidade de oínte ou activo, neste último caso compartindo escenario co profesorado da Banda Municipal.
Trátase dunha actividade que supoñerá unha experiencia inesquecible para o alumnado participante, á vez que contribuirá á súa formación.
Visita á biblioteca municipal de referencia con actividades previas na biblioteca escolar do centro, dirixidas ao segundo ciclo de educación infantil e educación primaria.
Percorrido educativo guiado polas dependencias que configuran cada casa museo, adaptado ao nivel do alumnado.
Programa educativo concibido como un intercambio de representacións entre os grupos de teatro escolar do Concello da Coruña. Cada grupo crea ou selecciona e ensaia unha obra de teatro, para representala noutro centro educativo e recibe ao grupo de teatro do devandito centro.
resultados 13
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible