Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña
En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".
22 de noviembre de 2019
Sumándonos á 2ª Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia, que propón crear símbolos humanos da paz nos centros educativos.
O Concello de A Coruña súmase á actividade proposta para este ano dentro do proxecto 2ª Marcha mundial pola paz e a non violencia, que comenzou en Madrid o 2 de outubro do 2019 e está a percorrer o mundo até o 8 de marzo de 2020.
Esta acción, prevista para o vindeiro 30 de xaneiro, Día Escolar da Non Violencia e a Paz, está baseada nesta ocasión en dous piares fundamentais: a lectura do Compromiso Ético da marcha mundial e a realización práctica de símbolos pola Paz e a Non Violencia, xa realizados previamente por outros menores.
A iniciativa está dirixida ao alumnado de todos os centros educativos de primaria da cidade e ten como obxectivo promover a paz e a non violencia e visibilizar as accións realizadas por nenas e nenos de todos os continentes.
Todos os centros educativos que o desexen poden sumarse a esta acción inscribíndose na seguinte ligazón: Inscrición Símbolos Humanos.
Aquí podes tamén ver o vídeo da iniciativa impulsada polo Concello.
Eventos relacionados
Documentos relacionados
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible