Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

A Comisión Europea convoca un concurso fotográfico dirixido a participantes no programa Erasmus+, incluído o noso programa ACOREUROPA

Cando:

26 de decembro de 2019

Convídase o antigo alumnado desde a súa creación en 1987 a subir unha foto e un breve texto para describir a súa experiencia, antes do 13 de xaneiro de 2020.

Desde a súa creación en 1987, o programa Erasmus+ permitiu que cada vez máis participantes fagan unha mobilidade, reforzando así as súas capacidades e a súa apertura de mente. O número de estudantes que se beneficiaron de Erasmus+ alcanzou os 10 millóns en 2019 e vai en aumento.

Para celebrar este importante fito e o incrible éxito de máis de 30 anos de execución do programa, o equipo Erasmus+ anunciou o lanzamento dun concurso de fotografía.

A través deste concurso, Erasmus+ quere honrar os 10 millóns de participantes botando unha ollada ao pasado e tratando de ilustrar a realidade e a evolución do programa desde a súa creación. Son convidadas/os as/os antigas/os participantes en calquera dos sectores do Programa Erasmus+, que estean interesadas/os en participar no concurso, a elixir e subir, antes do 13 de xaneiro de 2020, unha foto específica acompañada dun breve texto, para describir a súa experiencia e o impacto que o programa tivo nas súas vidas.

As persoas participantes dos programas predecesores de Erasmus+ (Comenius, Leonardo da Vinci, Grundtvig, Juventud en Acción etc.) tamén son benvidas a participar e apeladas a contar esta longa historia desde 1987. Todas as persoas que participaron no programa poden axudar a facer deste concurso un grande éxito enviando as súas mellores fotos Erasmus+ e compartindo as noticias nas súas redes, redes sociais e en diferentes idiomas. As inscricións son benvidas e esperadas aquí.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión