Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Intercambios do Eixo Atlántico

O Eixo Atlántico é unha asociación transfronteiriza de Dereito público, integrada por municipios e entidades da Administración local que configuran o sistema urbano da eurorrexión Galicia - Norte de Portugal, no que está integrada o Concello da Coruña.

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Localización do centro:

Só da Coruña

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 5º ou 6º de Primaria

Requisitos:

A presentación da candidatura implica a aceptación da regulación aprobada polo Eixo Atlántico e o compromiso, en caso de seren seleccionados, de:

  • Escoller o grupo de alumnos e alumnas que participarán no intercambio.
  • Realizar unha proposta de actividades para dous ou tres días de intercambio na Coruña (a elección do centro) co fin de que coñezan a nosa cidade.
  • Acompañar o alumnado de intercambio nas devanditas actividades (polo menos en parte significativa delas).

Cando:

Datas :por determinar

Inscricións:

Prazo de inscrición: Por determinar

Prezo / Custo:

O Concello asume os gastos de desprazamento, aloxamento e manutención das persoas participantes no programa polo que non ten custo para os centros educativos.

En materia de eduación, está a poñerse en marcha o proxecto de Intercambios escolares, polo que o alumnado de dúas cidades portuguesas (Guimarães e Viana do Castelo) virán de intercambio á nosa cidade e dous grupos de alumnas e alumnos de 5º ou 6º de Educación Primaria da Coruña irán ás ditas cidades de intercambio (un grupo a cada unha). Os intercambios terán lugar nas datas do mes de abril que se determinen.

Máis información:

SME : educacion@coruna.es

Teléfono 981 18 42 00

Guía Coñece ou Eixo

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión