Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Programa ao que pertence

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Isabel Zendal e os nenos da varíola

Itinerario: Balcón de Balmis - r/ Hospital - Dársena

Inicio: as persoas participantes apearanse do transporte na parada da Domus.

Final: o transporte recollerá as/os participantes na parada de autobuses de Porta Real.

Nesta ocasión existe un traxecto en autobús na metade do percorrido que levará as/os participantes desde a Domus ata a rúa Hospital, para despois continuar a pé.

Duración: 90 minutos

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Localización do centro:

Só da Coruña

Titularidade do centro:

Público, Privado, Concertado

Obxecto:

  • Coñecer a figura de Isabel Zendal e a importancia que tivo para a medicina.
  • Situar a súa figura nun contexto histórico.
  • Aprender a valorar o patrimonio-artístico favorecendo o coñecemento da cidade.

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 1º e 2º de ESO

Cando:

Ver condicións xerais do programa.

Inscricións:

Ver condicións xerais do programa.

Moitos anos quedara esquecida a historia dunha muller, uns nenos e unha expedición marítima que, con orixe na Coruña, cruzou o océano para levar unha vacina. Cada vez é máis lembrada, e neste percorrido intentaremos mostrar os lugares que lembran a historia e os personaxes que interviñeron nela.

Metodoloxía

O percorrido levaranos por rúas que lembran a figura destes personaxes e os espazos da cidade que manteñen a súa pegada. En cada un dos espazos, as persoas participantes deberán poñer unha opinión do estado no que se atopa o espazo en relación coa historia que se conta.

Competencia: cultural- artística.

  • Coñecer, valorar e gozar o contorno natural, social e cultural, e as interaccións entre eles, así como as posibilidades de defensa, mellora e conservación
  • Coñecer, comprender, valorar e respectar as diferentes culturas e os seus patrimonios.

Desenvolvemento

  • Parada 1: Balcón de Balmis (Domus)
  • Parada 2: rúa Hospital. A casa dos expósitos
  • Parada 3: Dársena. O lugar desde onde partiu a expedición

Contacto:

Susana Vara Bilbao

Tel.: 981 184 200 ext. 12047

Fax: 981 184 370

Correo electrónico: educacion@coruna.es

Programa ao que pertence

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión