Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

A tenda de Antón

Tenda no mercado

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Localización do centro:

De calquera concello

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

EI (2, e 3 anos)

Requisitos:

Número máximo de alumnado 20-25

Mínimo dous acompañantes por grupo

Asistencia obrigatoria á reunión (finais de novembro)

Confirmar coa entidade con 48 horas de antelación

Recursos materiais:

Dispón de unidades didácticas sobre as actividades previas que se poden realizar na aula. Recursos musicais e materiais propios

Cando:

Dende o 15/01/2020 ata o 31/05/2020

Duración libre, dependendo das actividades previstas por cada centro escolar.

Este evento xa rematou

Inscricións:

Dende o 09/09/2019 ata o 04/10/2019

Ficha xeral

Ficha específica

Horario:

Mércores e xoves ás 10:30 h

A tenda está situada no posto nº 13 do mercado de Monte Alto. Foi financiada pola Fundación Barrié e os seus recursos son compartidos cos centros educativos que teñen interese por coñecela e visitar o mercado.

Dispón de tres mostradores: frutería, panadería e pescadería e coa dotación de medios materiais adecuados e adaptados par os nenos e nenas de educación infantil.

É requisito imprescindible asistir á reunión informativa que se realizará na última semana de novembro. Cada profesor/a solicitante debe acudir á reunión aínda que xa coñeza a dinámica da mesma. A non asistencia implica a renuncia á mesma. O obxectivo da reunión é informar sobre as condicións das visita, sobre o uso deste espazo e colaborar co profesorado que o solicite.

A visita será dirixida polo profesorado do centro solicitante, será responsable da actividade e uso do espazo e materiais durante o tempo que permanezan na tenda.

É necesario avisar dos danos ocasionados ademais de deixar a tenda nas mesmas condicións de inicio. É tambien imprescindible comunicar o alumnado que poida ter intolerancias ou alerxias a alimentos (leite, fariña, froita, peixe...) xa que na tenda inclúense produtos frescos

Contacto:

Montserrat Sancho Castro

Tel.: 981 201 223

ei.montealto@hotmail.com

http://periodicos.edu.coruna.es/montealto

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión