Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Programa ao que pertence

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Modernismo coruñés

Itinerario: praza de Lugo - rúa Ferrol - praza de Pontevedra

Inicio: as persoas participantes apearanse do transporte na parada de autobuses da praza de Pontevedra.

FINAL: o transporte recollerá as persoas participantes na parada de autobuses da praza de Galicia.

Duración: 90 minutos

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Localización do centro:

Só da Coruña

Titularidade do centro:

Público, Privado, Concertado

Obxecto:

  • Descubrir o modernismo como a ruptura e un estilo propio dunha clase social e as súas scaracterísticas dentro do contexto histórico.
  • Coñecer algúns dos edificios máis representativos deste movemento na nosa cidade.
  • Aprender a valorar e conservar o patrimonio histórico-artístico favorecendo o coñecemento da cidade

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 3º e 4º de ESO e BACH

Cando:

Véxanse as condicións xerais do programa.

Inscricións:

Véxanse as condicións xerais do programa.

A finais do século XIX un novo proxecto urbanístico daba pé ao Ensanche, un novo barrio da cidade chamado a ser o lugar onde se asentará a clase social da burguesía industrial e os recentemente chegados indianos.

Con ganas de lle mostrar ao resto da cidade a súa importancia decidiron edificar as súas casas seguindo as pautas da arquitectura de moda na época, o modernismo.

Arquitectos como Julio Galán, López Hernández ou Boán Callejas,entre outros, lograron que o Ensanche coruñés se convertese nun lugar de fachadas para ser admiradas.

Metodoloxía

Durante o percorrido mostraránselle ao alumnado diferentes proxectos orixinais dos edificios que se conservan para poder comparar o resultado do transcorrer dos anos.

Competencia: cultural- artística

  • Coñecer, valorar e gozar o contorno natural, social e cultural, e as interaccións entre eles, así como as posibilidades de defensa, mellora e conservación
  • Coñecer, comprender, valorar e respectar, as diferentes culturas e os seus patrimonios.

Desenvolvemento

  • Parada 1: A praza de Pontevedra, o inicio do Ensanche, Casa Escariz, Casa Salorio
  • Parada 2: praza de Lugo 13 e praza de Lugo 22. O modernismo en todo o seu esplendor
  • Parada 3: Rúa Compostela, Casa Viturro
  • Parada 4: Casa Cortés
  • Parada 5: Pazo de Xustiza. O paso do modernismo ao eclecticismo

Contacto:

Susana Vara Bilbao

Tel.: 981 184 200 ext. 12047

Fax: 981 184 370

Correo electrónico: educacion@coruna.es

Programa ao que pertence

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión