Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Programa ao que pertence

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Quen é quen?

Praza de María Pita - baluarte do Parrote - praza de Santo Domingo - Xardín de San Carlos

Inicio: as/os participantes apearanse do transporte na parada de autobuses de Porta Real

Final: o transporte recollerá as/os participantes na parada de autobuses de Porta Real

Duración: 90 minutos

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Localización do centro:

Só da Coruña

Titularidade do centro:

Público, Privado, Concertado

Obxecto:

  • Recoñecer a importancia das persoas ao longo da historia e valorar as súas actitudes que determinaron cambios na historia
  • Coñecer algúns personaxes a través de fontes históricas
  • Aprender a valorar e conservar o patrimonio histórico-artístico favorecendo o coñecemento da cidade

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 5º e 6º de EP

Cando:

Véxanse as condicións xerais do programa.

Inscricións:

Véxanse as condicións xerais do programa.

A historia das cidades constrúena as persoas. Coñecer os personaxes da nosa cidade supón un recoñecemento ás persoas partícipes na súa construción, desde as lendas ata a súa orixe, sen esquecer os personaxes que viviron na cidade e que lle axudaron a formar parte da historia.

Metodoloxía

A través dun pequeno caderno as/os escolares realizan distintas actividades relacionadas co itinerario e cos personaxes. As actividades intentan lembrar o máis característico dos personaxes a través de fontes históricas.

Competencia: cultural - artística

  • Coñecer, valorar e gozar do contorno natural, social e cultural, e as interaccións entre eles, así como as posibilidades de defensa, mellora e conservación
  • Coñecer, comprender, valorar e respectar as diferentes culturas e os seus patrimonios.

Desenvolvemento

  • Parada 1: Inés de Ben, podería ser unha heroína...
  • Parada 2: José Cornide e a Torre de Hércules
  • Parada 3: Sir John Moore e Rosalía de Castro, que teñen en común?
  • Parada 4: Alfonso IX e as súas Damas. As orixes de Crunia.
  • Parada 5: Hércules e as súas lendas

Contacto:

Susana Vara Bilbao

Tel.: 981 184 200 ext. 12047

Fax: 981 184 370

Correo electrónico: educacion@coruna.es

Programa ao que pertence

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión