Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Rodando pola nosa historia 2020-21

Desde a sección de Educación Viaria da Policía Local da Coruña, seguindo as liñas pedagóxicas europeas, estamos a traballar dous obxectivos educativos: a seguridade viaria e a mobilidade sustentable, dous contidos inseparables.

Este é o enfoque que teñen os países con menor accidentalidade na estrada e maior calidade ambiental.

Servizo municipal:

Policía Local

Tipo de actividade:

Complementaria

Localización do centro:

Só da Coruña

Obxecto:

  • Aprender a moverse pola Coruña en bicicleta, iniciando os nenos e as nenas a partir dos 10 anos e convidando a aqueles pais e nais ou outros familiares que nos queiran e poidan acompañar.
  • Relacionar unha actividade de educación viaria con contidos do currículo escolar.
  • Motivar as novas xeracións de coruñeses e coruñesas a valorar a nosa contorna e ser máis coidadosos coa nosa cidade e co medio.

A quen vai dirixido?:

Alumnado de EP e ESO

Cando:

Dende o 15/10/2019 ata o 15/06/2020

Ver condicións xerais do programa

Este evento xa rematou

Inscricións:

Dende o 09/09/2019 ata o 04/10/2019

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Ficha de solicitude específica "Programas educativos de educación viaria"

Horario:

De 9 a 14h, en función das necesidades dos centros educativos.

A mobilidade ten sen dúbida un valor positivo, pero tamén ten unha carga negativa: os accidentes de tráfico e a contaminación; esta última provoca máis de 16.000 mortes prematuras ao ano. As policías locais estamos especialmente sensibilizadas con estes problemas e levamos máis de 30 anos dedicando esforzos a educar a escolares de diferentes idades, cunha visión da educación viaria integral, inicial e permanente.

Procurando que A Coruña se converta nunha cidade máis amable co medio, máis segura e máis saudable, ofertamos esta actividade en bicicleta que ten ademais o obxectivo de mesturar a educación viaria e os contidos escolares. Xa que dispoñemos de moitos recursos para este fin, contrátase un grupo de guías oficiais de Galicia que, caracterizados de personaxes relevantes da nosa historia como María Pita, Sir Jhon Moore, Breogán ou Eusebio da Guarda, ensínanlle ao alumnado os segredos e as anécdotas que esconden as rúas e edificacións da Coruña.

Documentos:

Rodando pola nosa historia (817 KB)

Contacto:

Coordinadora da actividade de Educación Viaria: Silvia Castro Rodríguez

Policía Local - Concello da Coruña

Tel.: 981 184 200 | Ext.: 54006/08

s.castro@coruna.es

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión