Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

VIII Certame de monólogos cómicos en lingua galega

Acción de dinamización lingüística consistente nun concurso de monólogos cómicos para potenciar a comprensión e a expresión oral, ademas da creatividade e a naturalidade no uso da lingua galega.

O alumnado interesado poderá inscribirse no TALLER DE INTRODUCIÓN Á INTERPRETACIÓN DE MONÓLOGOS CÓMICOS, co obxecto de axudarlles a puír os seus textos e mellorar a súa interpretación cómica. As datas de inscrición no taller e o día da súa celebración están pendentes de confirmar.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de ESO, BACH e FP dos IES, CIFP e centros concertados e privados do Concello da Coruña.

Anual

Prezo / Custo:

Gratuíto

A participación é voluntaria e a inscrición gratuíta , a través da ficha específica; na que constarán os seguintes datos: nome e apelidos, NIF/NIE, idade, teléfono e correo electrónico de contacto, centro educativo, nivel, curso e grupo. E se é menor de idade, permiso dos seus pais ou titores legais.

A adxudicación farase pola orde de chegada das inscricións.

Condicións do programa

Os monólogos tratarán temas de actualidade elixidos polos técnicos do Servizo Municipal de Educación en tres categorías diferentes:

  • Categoría A: alumnado de 1º e 2º curso da ESO
  • Categoría B: alumnado de 2º e 4º curso da ESO
  • Categoría C: alumnado de BACH e ciclos formativos de FP.

Cada centro docente poderá presentar o alumnado participante de maneira individual ou en grupos.

Cada alumno/a que se presente individualmente representará un monólogo.

Cada grupo estará integrado por un máximo de tres alumnos/as e representará un só monólogo.

  • 1º e 2º de ESO
  • 3º e 4º de ESO
  • Bacharelato e Ciclos Formativos de FP

O Servizo Municipal de Educación publicará con antelación as condicións e prazos para presentar os textos dos monólogos.

Cando:

Por determinar

Inscricións:

Por determinar

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Ana Botana

Tel. 981 184 200, ext: 12041

Organizador:

Servizo Municipal de Educación

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión