Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Concurso sensores para todas/os 2020-21

Sensores para todos é un certame no que, a través do obxectivo explícito de achegar a xente nova á programación e ao uso das moi activas tecnoloxías electrónicas e robóticas, busca fomentar a súa creatividade, a capacidade de resolución de problemas e a investigación no campo STEM -Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, e Matemáticas- á vez que se desenvolven aptitudes e actitudes para o traballo en equipo e a aprendizaxe compartida.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de EP, ESO, BACH e FP de grao medio

Anual

Prezo / Custo:

Gratuíto, excepto o desprazamento ao acto de entrega de premios que correrá a cargo dos equipos gañadores.

Obxecto:

Achegar a xente nova á programación e ao uso das tecnoloxías electrónicas e robóticas

Centrarase en experimentos con sensores con Arduino, Raspberry Pi, teléfonos intelixentes e tabletas (Android ou IPhone) e robots Lego ou Mbot. Pero tamén aplicacións con GPS e, por que non, Internet das Cousas, conectando en rede e coa rede os sensores.

Pode ser que algúns centros xa teñan algún Lego NXT, ou EV3 (que tamén serven para preparar a mocidade para os concursos de robótica de IGACIENCIA e EducaBarrié); ou ben, un Arduino con varios sensores; ou un Raspberri Pi para aprender a programar; ou ben recibiron unha serie de mbots da Consellería; e o alumnado ten móbiles intelixentes.

Trátase de darlles unha nova e inesperada función a estes materiais, por exemplo: facer recollida de datos ("datalogging") e representar os resultados de varios experimentos científicos; formular e responder con datos a varias preguntas; coñecer novas leis científicas; manexar Calc ou Excel para facer representacións gráficas que permitan sacar conclusións dos datos recollidos polos sensores...

Período de realización

Curso escolar 2018/19

Unha vez realizada a preinscrición, os equipos poderán dispoñer de asesoramento en liña, a través da web www.igaciencia.eu.

No caso de que a organización o considerase necesario, convocaríase unha reunión informativa e de seguimento no mes de xaneiro de 2019.

Entrega de premios: xuño de 2019 (data por confirmar)

Condicións do programa

Os grupos de alumnos e alumnas terán un mínimo de dous membros, e estarán coordinados por algún profesor ou profesora do centro no que estudan.

A presentación do proxecto formularase como se fose dirixida a compañeiros/as da idade das persoas autoras.

Admítense diversidade de formatos: soporte papel, multimedia, material gráfico elaborado e/ou multimedia que reflicta tamén a recollida e procesamento de datos.

Información que debe conter o proxecto:

1. Ficha do proxecto, na que se indique:

  • Título e un breve resumo do proxecto
  • Autores: nome e apelidos, curso, centro educativo
  • Profesorado que coordinou o proxecto
  • Descrición e gráfico da montaxe: desenvolvemento do proceso e as súas dificultades; e análise de resultados e conclusións

2. Número de cuestións ás que responde e a súa calidade

3. A programación efectuada, se é o caso

4. Breve presentación (vídeo, ppt, odt...)

Premios

Material de informática-tecnoloxía para os centros educativos cun importe máximo de 300 € no caso do primeiro premio e 200 € no caso do segundo premio.

Se o proxecto resulta premiado terase que acudir ao acto de entrega de premios (na Coruña en xuño do 2019) e efectuar a súa presentación polo equipo de persoas autoras, para iso dispoñerase de 5 minutos por proxecto.

Un centro non pode recibir máis que 1 premio por concurso. Se un centro educativo presenta varios proxectos de nivel semellante e lles corresponde un dos premios, pode adxudicarse ao conxunto dos proxectos presentados.

Xurado

Constituído por un representante da entidade patrocinadora, Concello da Coruña e/ou dous membros de IGACIENCIA. A decisión do xurado é inapelable.

Entidades colaboradoras

Igaciencia

Manuel Díaz

secretaria@igaciencia.org

Cando:

Datas por determinar

Importante: a realización deste programa está condicionada á evolución da pandemia da COVID-19.

Inscricións:

Dende o 15/09/2020 ata o 06/10/2020

Inscrición para os centros

Enviando un correo electrónico a secretaria@igaciencia.org.

Remitindo os seguintes datos: título do proxecto, autores/as (nome e apelidos, curso, centro educativo) e profesorado que coordina o proxecto (nome e apelidos, especialidade).

Prazo de recepción dos proxectos: por determinar

Contacto:

Igaciencia

Manuel Díaz e Inés Ben

secretaria@igaciencia.org

Servizo Municipal de Educación

Tel: 981 184 200 ext. 12038

educacion@coruna.es

Requisitos:

Grupos de alumnos e alumnas, cun mínimo de dous membros, de centros educativos de educación primaria ou secundaria de Galicia ata o nivel de bacharelato e formación profesional de grao medio, inclusive.

Deben estar avalados na presentación por algún profesor ou profesora do centro no que estudan.

Máis información:

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión