Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Educa Saúde 2020-2021

Programa de prevención e formación que aborda a saúde dunha forma integral, creando e ensinando hábitos de vida saudables desde a infancia. Desenvólvese en tres ámbitos fundamentais: físico, psicolóxico e relacional. O programa inclúe tamén as familias como axente determinante na transmisión destas condutas.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de EI, EP e EE, así como as súas familias

Horario:

Sesións dirixidas ao alumnado: mañás de 09.00 h a 14.00 h cunha duración de hora e media por sesión e grupo.

Sesións dirixidas ás familias: tardes de 16.00 h a 17.30 h

Obxecto:

Fomentar hábitos saudables entre a poboación infantil e xuvenil para previr condutas de risco. Concienciar as familias na necesidade de transmitir condutas adecuadas orientadas a unha vida saudable.

As sesións estrutúranse en 4 bloques temáticos: Sesión de Prevención (prevención de adiccións, lecer e tempo libre), Sesión Psicosocial (habilidades sociais, as emocións, a igualdade de xénero, a comunicación, o medio ambiente), Sesión Médica (a alimentación, a hixiene, a seguridade), Sesión Afectivo-sexual (a adolescencia, educación sexual, prevención da violencia de xénero e do abuso sexual, as redes sociais).

Talleres emocionais: nas sesións da tarde e nunha sala independente, ofrecerase un taller dirixido a nenos e nenas do propio centro que estando no colexio acompañen as familias, no que se traballarán contidos de educación para a saúde.

Entidades colaboradoras

Fundación María José Jove

Sociedade Galega de Pediatría

Cando:

Acordaranse as datas cos centros educativos participantes. A previsión é comezar no mes de outubro.

Inscricións:

Dende o 09/09/2019 ata o 04/10/2019

Inscrición para os centros

Os centros educativos participarán logo da inscrición previa na ficha xeral. A participación no programa aprobarase no consello escolar.

Contacto:

Fundación Mª José Jove

Tel.: 981 160 265

info@fundacionmariajosejove.org

Servizo Municipal de Educación

Ana Botana Pérez

educacion@coruna.es

Tel.: 981 184 200 ext. 12041

Organizador:

As sesións estrutúranse en 4 bloques temáticos: Sesión de Prevención (prevención de adiccións, lecer e tempo libre), Sesión Psicosocial (habilidades sociais, as emocións, a igualdade de xénero, a comunicación, ou medio ambiente), Sesión Médica (a alimentación, a hixiene, a seguridade), Sesión Afectivo-sexual (a adolescencia, educación sexual, prevención da violencia de xénero e do abuso sexual, as redes sociais).

Obradoiros emocionais: nas sesións da tarde e nunha sala independente, ofrecerase un obradoiro dirixido a nenos e nenas do propio centro que estando no colexio acompañen as familias, no que se traballarán contidos de educación para a saúde.

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión